ANDAINA DE CONVIVENCIA “UN MAR DE SORRISOS”

Cartel Andaina

Data: Domingo 30 de setembro 2018


Hora de saída: 10:00 horas


Duración prevista: 3 horas e media.


Percorrido: 13 km


Grao de dificultade: media.


Data de apertura de inscricións: 14 de setembro. Hora: 10:00h


Data de peche de inscricións: 28 de setembro. Hora: 10:00h


Descrición da ruta: Bordeamos toda a costa do Concello de Boiro. Iniciamos a ruta na Praia Xardín e finalizamos na Praia Mañóns. O grao de dificultade da ruta é media.

Datos de contacto coa organización:
Correo electrónico: dentalozores@hotmail.com
Teléfono: 606656542

Horario dos autobuses:
Ao finalizar a ruta os participantes volverán ao punto de partida mediante transporte facilitado pola organización (autobús). Os participantes poderán abandonar a ruta a metade de traxecto facilitando a organización medio de transporte (autobús).

Media ruta: 12:00 horas
Final de ruta: 15:00 horas

No punto de encontro da saída os participantes deberán facilitar o seu nome e apelidos á organización.

Recordamos que os menores deben ir acompañados en todo momento por un titor e que é imprescindible que o titor firme a autorización pertinente para que tales menores poidan participar.

Ao rematar a ruta ofreceranse aos participantes uns pinchos para recuperar forzas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DNI

Nome e apelidos

Data de nacemento

Número de teléfono (móbil)

¿Es menor de idade?

Para inscribir a menores de idade, póñase en contacto coa organización:

  • Correo electrónico: dentalozores@hotmail.com
  • Teléfono: 606656542

Correo electrónico

Padece algunha condición médica a ter en conta?

CONDICIÓNS:

Os participantes deberán traer:

  • Roupa deportiva cómoda.
  • Calzado deportivo cómodo.
  • Protección solar e gorra.

Os participantes deben chegar puntais s ao punto de encontro acordado. No caso de que se vaian retrasar, informarán por teléfono ao grupo organizador.

PROTECCIÓN DE DATOS:

¿Da o seu consentimento para que gardemos os seus datos para mandarlle información sobre posibles futuros eventos e para que a Clínica dental Rebeca Ozores os inclúa na súa base de datos?

Con esta reserva, confirma que leu todos os detalles e condicións antes mencionados.