REGULAMENTO RUTA “UN MAR DE SORRISOS”

-O/a participante terá que atoparse en perfecto estado de saúde para realizar a actividade. Para participar non pode padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa participación na mesma.

-Os participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización, sendo conscientes que este tipo de actividades se desenvolven dentro dun medio natural e en lugares de difícil control e acceso, implicando un risco adicional para os participantes.

-Os participantes comprométense a cumprir coas normas e protocolos de seguridade establecidos pola organización, así como a manter un comportamento responsable. Seguirán as instrucións e acatarán as decisións que tomen os responsables da organización.

-Os participantes teñen un seguro de accidentes. Teñen a obriga de comunicar á organización calquera incidente ou contratempo sufrido durante o evento SIEMPRE ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

-No caso de abandono voluntario por parte do participante este deberá ser comunicado á organización.

-O/a participante NUNCA deberá saír do grupo sen avisar á organización.

-A organización non se responsabiliza do deterioro ou perda de ningún obxecto persoal do participante.

– O/a participante participa de forma voluntaria e baixo a súa propia responsabilidade no evento. Por conseguinte, exonera e exime de calquera responsabilidade á organización, colaboradores, patrocinadores e outros participantes, por calquera dano físico ou material e, por tanto, RENUNCIA a interpoñer denuncia ou demanda contra os mesmos.

-O/a participante comprométese a respectar o medio ambiente sen deteriorar os recursos naturais, culturais e, en xeral, da paisaxe.

-O/a participante non abandonará os obxectos ou residuos fóra dos lugares habilitados para a recollida dos mesmos.

-A organización resérvase o dereito de aprazar ou cancelar a actividade por condicións meteorolóxicas adversas con risco para os participantes.

-A organización resérvase o dereito a poder modificar o percorrido por risco do grupo.

-A organización pode facer uso das imaxes tomadas durante o percorrido para dar a coñecer a actividade nos medios que considere oportunos.

CONSELLOS

-Levar teléfono móbil con saldo e batería.

-Levar roupa e calzado adecuados ao terreo e meteoroloxía.